30 janeiro 2007

Algunha vez vos preguntastes coma sería a vosa vida se en determinado momento fose outra a vosa escolla?, se todo sería distinto?, se sería mellor?, ou peor?.......................

A vida ás veces lévanos por camiños extranos, misteriosos,...., deseñados por e para nos.

É imposible imaxinar como sería a nosa vida doutra maneira, porque xa non sería a nosa vida.

A nosa vida é esta, a que temos agora, mellor ou peor, aínda que nunca imaxinásemos que sería así ou que algunha decisión - insignificante nese momento- fose determinante para o curso da nosa historia persoal.

Continuemos entón o noso camiño sen lamentarnos dos erros do pasado, intentando só escoller ben o noso futuro.

08 janeiro 2007

Extraños días estes de nadal,....., de reunións familiares, de choros, de risas, de despedidas.....
FELIZ ANINOVO A TOD@!!!!

11 dezembro 2006



HOXE SÓ TEÑO GANAS DE CHORAR

19 novembro 2006



Não sei quantas almas tenho.
Cada momento mudei.
Continuamente me estranho.
Nunca me vi nem acabei.
De tanto ser, só tenho alma.
Quem tem alma não tem calma.
Quem vê é só o que vê,
Quem sente não é quem é,
Atento ao que sou e vejo,
Torno-me eles e não eu.
Cada meu sonho ou desejo
É do que nasce e não meu.
Sou minha própria paisagem;
Assisto à minha passagem,
Diverso, móbil e só,
Não sei sentir-me onde estou.
Por isso, alheio, vou lendo
Como páginas, meu ser.
O que sogue não prevendo,
O que passou a esquecer.
Noto à margem do que li
O que julguei que senti.
Releio e digo : "Fui eu ?"
Deus sabe, porque o escreveu.


* * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * *
Alberto Caeiro
Novas Poesias Inéditas

29 outubro 2006

ás veces


Ás veces un cae na conta de que non encaixa. De que, ó mellor, o lugar que ocupaba durante toda a súa vida xa non é o seu. De que, as situacións mudan e nada é o mesmo. De que, moitas veces a distancia fai que volva o teu sitio.

29 setembro 2006


Teño un problema. Sí, é certo,....., teño un problema.... Pero non é ningún dos que algún imaxina.
O meu problema é moi normal, teño varios camiños para continuar a miña vida e non sei moi ben cal elixir. E tamén que as veces cando estou de baixón penso que a miña vida ten moitas cousas que non me gustan, pero o día seguinte atopo mil cousas maravillosas e dou grazas por todo o que teño.

Supoño que isto non só me pasa a min. Que tamén lle acontece a outras persoas. Que é o máis normal do mundo. Que todo o mundo ten dúbidas. Que todo depende de como mires as cousas.




Agora cheguei a un punto tal de existencia, que xa non me amargo polas cousas insignificantes. Con todo o que teño que vivir non me queda tempo para pensar en cousas ou persoas que non aportan nada a miña vida.
Porque se empeñan elas en insistir, insitir e insistir? Se van a obter o mesmo: NADA

03 agosto 2006



- últimamente ando moi nerviosa e a tensión disparaseme, é polo que veño a que mirala- dille unha paciente a súa enfermeira

-ten 160/95, mire, ten que intentar tomar a vida con máis calma porque os problemas continuan a estar aí, e o único que fai é poñerse mala vostede, e se morre....quen se vai preocupar de todo despois?......-

-ten razón, pero e que os meus fillos xa non están en casa, e o meu home dedicase a ir por aí con outras mulleres, vostede entende non?, e cada vez dame menos cartos do que gaña para a casa.................. ..............................................................................................................................................