Onte tiven un dos meus ataques de dor agudos. Para desgraza miña -alomenos unha vez o mes- sufro un raro episodio de supercotractura-superdor-supervomitera, que é certamente moi desagradable, doroso e incapacitante.
Aproveitando que tiña un enfermeiro á man, pedinlle que me pinchara (non, non son masoca, pero cando o zapato apreta........). O resultado foi que ó rato a cousa xa estaba mellor.
O curioso deste incidente -ó que estou demasiado acostumada- é que hoxe, un día que a priori é peor ca onte (onte domingo, hoxe luns), todo me parece moito mellor. Como dirían os meus veciños portugueses trátase dun día espectacular.
Sem comentários:
Enviar um comentário