11 dezembro 2006



HOXE SÓ TEÑO GANAS DE CHORAR

19 novembro 2006



Não sei quantas almas tenho.
Cada momento mudei.
Continuamente me estranho.
Nunca me vi nem acabei.
De tanto ser, só tenho alma.
Quem tem alma não tem calma.
Quem vê é só o que vê,
Quem sente não é quem é,
Atento ao que sou e vejo,
Torno-me eles e não eu.
Cada meu sonho ou desejo
É do que nasce e não meu.
Sou minha própria paisagem;
Assisto à minha passagem,
Diverso, móbil e só,
Não sei sentir-me onde estou.
Por isso, alheio, vou lendo
Como páginas, meu ser.
O que sogue não prevendo,
O que passou a esquecer.
Noto à margem do que li
O que julguei que senti.
Releio e digo : "Fui eu ?"
Deus sabe, porque o escreveu.


* * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * *
Alberto Caeiro
Novas Poesias Inéditas

29 outubro 2006

ás veces


Ás veces un cae na conta de que non encaixa. De que, ó mellor, o lugar que ocupaba durante toda a súa vida xa non é o seu. De que, as situacións mudan e nada é o mesmo. De que, moitas veces a distancia fai que volva o teu sitio.

29 setembro 2006


Teño un problema. Sí, é certo,....., teño un problema.... Pero non é ningún dos que algún imaxina.
O meu problema é moi normal, teño varios camiños para continuar a miña vida e non sei moi ben cal elixir. E tamén que as veces cando estou de baixón penso que a miña vida ten moitas cousas que non me gustan, pero o día seguinte atopo mil cousas maravillosas e dou grazas por todo o que teño.

Supoño que isto non só me pasa a min. Que tamén lle acontece a outras persoas. Que é o máis normal do mundo. Que todo o mundo ten dúbidas. Que todo depende de como mires as cousas.




Agora cheguei a un punto tal de existencia, que xa non me amargo polas cousas insignificantes. Con todo o que teño que vivir non me queda tempo para pensar en cousas ou persoas que non aportan nada a miña vida.
Porque se empeñan elas en insistir, insitir e insistir? Se van a obter o mesmo: NADA

03 agosto 2006



- últimamente ando moi nerviosa e a tensión disparaseme, é polo que veño a que mirala- dille unha paciente a súa enfermeira

-ten 160/95, mire, ten que intentar tomar a vida con máis calma porque os problemas continuan a estar aí, e o único que fai é poñerse mala vostede, e se morre....quen se vai preocupar de todo despois?......-

-ten razón, pero e que os meus fillos xa non están en casa, e o meu home dedicase a ir por aí con outras mulleres, vostede entende non?, e cada vez dame menos cartos do que gaña para a casa.................. ..............................................................................................................................................

23 julho 2006

UD. NO TIENE LA PRIORIDAD



Esta fin de semana estiven de descanso en Cantabria. O certo é que descansei moito, e coñecín lugares moi fermosos.

De volta a casa vin lendo o periódico, nun intento por poñerme o día de todo o acontecido nos meus dous días de incomunicación.

E ó ler as noticias, entráronme ganas de dicirlle a máis de un :

¡¡ UD. NO TIENE LA PRIORIDAD!!

16 julho 2006

...





A VIDA





07 julho 2006

bico


bico

beijo

beso

bisou

bacio

kiss

kuß

poljub

kyss

kisu




«Um beijo é um segredo que se diz na boca e não no ouvido.»
JEAN ROSTAND


Decididamente, e por se alguén o dubida... xa chegou o vran!!!!
E non o digo polo bo tempo, nin polas caravanas cara as praias, nin polas vacacións. Non, digoo polos mosquitos. Eses terribles bechos, que cando durmes, cando menos o esperas veñen e zas!!! chuchante ata que non poden máis, e inda por riba deixanche o seu veleno que fai que te acordes deles durante un par de días.
Habitualmente na miña casa só, ou case só, picanme a min, pero é que desta vez pasáronse, en dous días 30 picadas, se é que o contalas non deixei ningunha atrás. Nunca me acontecera tal!!!
Se é que de tanto rañar van pensar por aí que teño pulgas.....

25 junho 2006

festas

sei que temos convidados na miña casa polas festas do Carme. estes convidados, un tanto especiales, veñen coa expectativa de toparse aqui a orquesta paris de noia. con moita pesadume comunicolles que na axenda da orquesta non figura o pasar por aquí.
pero non se desanimen...., seguro que o pasamos moi ben bailando con calquer outro son.

nenos


levo unha semana traballando con nenos, e ata agora pensaba que non sería capaz de tal cousa. podo dicir (unha semana despois), que "non o fago tan mal", que vou mellorando ó meu ritmo.
o caso é que me pregunto, se case non podo cos fillos dos demais 10 minutos, poderei cos meus (cando os teña) as 24 horas?

18 junho 2006

reflexións


Levo unha tempada un tanto apática, co blog e coa miña vida en xeral. Quizáis porque ou por haches ou por bes, nada vai coma eu quero. Non é a miña intención queixarme -teño unha vida que moitos desexarían- pero teño unha espiña moi cravada, e non son capaz de arrincala. Na procura desta espiña decidín irme á Quinta da Luz, pero cando parecía que xa case a tiña, vai e escápaseme!!!
Así que despois de moito pensar, decidín que é mellor rematar o que estou facendo agora mesmo, deixar todo ben arranxado e marchar na procura da miña espiña, sen agobios, sen amarguras, con calma e deixando aqui todo moi ben feitiño.
En resumo, que aquí estou de novo, neste planeta bitacoriano. Ola a tod@s!!!

30 maio 2006

prudencia, cautela, precaución


odio a xente que non sabe estar, que descoñece o significado da palabra prudencia

23 maio 2006

frikis


Por se algún non se enterou todavía, celébrase en dous días!!

14 maio 2006

Ser feliz

SER FELIZ É RECONHECER QUE VALE A PENA VIVER, APESAR DE TODOS OS DESAFIOS, INCOMPREENSÕES E PERÍODOS DE CRISE.
SER FELIZ É DEIXAR DE SER VÍTIMA DOS PROBLEMAS E SE TORNAR UM AUTOR DA PRÓPRIA HISTÓRIA.
É ATRAVESSAR DESERTOS FORA DE SI, MAS SER CAPAZ DE ENCONTRAR UM OÁSIS NO RECÔNDITO DA SUA ALMA.
É AGRADECER A DEUS CADA MANHÃ PELO MILAGRE DA VIDA.
SER FELIZ É NÃO TER MEDO DOS PRÓPRIOS SENTIMENTOS.
É SABER FALAR DE SI MESMO.
É TER CORAGEM PARA OUVIR UM "NÃO".
É TER SEGURANÇA PARA RECEBER UMA CRÍTICA, MESMO QUE INJUSTA.

PEDRAS NO CAMINHO? GUARDO-AS TODAS E VOU CONSTRUIR UM CASTELO!

FERNANDO PESSOA

11 maio 2006

xa chegou a época dos furanchos


coa primavera chega sempre a época dos furanchos, dos chourizos, da empanada de choco, do raxo e a tortilla, sempre acompañados por unha cunca de viño da casa. ¡que rico todo!

07 maio 2006

25 abril 2006

A voda- I


Hoxe recibín unha invitación de voda.
A verdade é que, coma todavía non fun a moitas , encántame que me inviten; sobre todo cando se trata de amigos ós que aprecio. A voda en cuestión é en Portugal, e xuntarémonos uns cantos amigos que fai un tempo que non nos vemos. Coma sempre, supoño eu, os galegos faremos unha "juerga madre", para así continuar coa fama de festeiros. A verdade é que case me emociono só de pensar no ben que o vou a pasar.
Parece onte cando estudabamos xuntos, as longas tardes con partidas de
mus, as festas do monte na Guarda, a viaxe a Túnez... Incluso recordo cando lle tinguin de louro o cabelo o que agora se vai casar. ¡¡¡Que tempos aqueles!!! ¡¡¡Que morriña!!!

20 abril 2006

Xente


Non me gusta nada a xente que se cree superior os demáis, que cree que se eles non conseguiron facer algo, os demáis tampouco o conseguiran. Que se cren no dereito de xulgar ós demáis (aínda que eu, en parte, tamén o este facendo agora).
Como facerlles entender que o hábito non fai ó monxe. Que estudar unha carreira non che fai un bó profesional. Que o máis importante non son sempre os estudos, senón a propia persoa e as súas capacidades. Que é bó ter soños, porque se loitas por eles podes chegar a facelos realidade. Que a vida moitas veces dache o que te molestas en buscar, e se nada buscas, nada atoparás .....

17 abril 2006

Semana Santa


Semana Santa rural,









de paisaxe,











de descanso.

06 abril 2006

Sempre igual....

Expulsan a la COPE del EGM por manipulación de encuestas
Asamblea extraordinaria de la AIMC

05-04-2006 CADENASER.COM

La asamblea extraordinaria de la sociedad que gestiona el Estudio General de Medios (EGM) ha decidido expulsar a la Cadena COPE por manipulación de encuestas. Además, han decidido que la próxima oleada del EGM sea hecha pública el próximo 25 de abril.

La Asamblea Extraordinaria de la Asociación para la Investigación de los Medios de Comunicación (AIMC), responsable de la realización del Estudio General de Medios (EGM), ha apoyado la propuesta que ya hiciera en marzo la Junta Directiva para expulsar de la asociación a la COPE, la cadena de emisoras de la Conferencia Episcopal, después de que la AIMC denunciara una "trama para manipular los resultados del EGM". De los 111 votos emitidos, 82 han votado 'sí' a la expulsión, 26 'no' y 3 han sido en blanco.
A favor de la expulsión de la COPE se ha pronunciado la práctica totalidad del estamento publicitario de la Asamblea. Entre los que han votado en contra, se encontrarían medios afines al PP, como 'El Mundo' y las televisiones autonómicas de Madrid, Valencia y Baleares. Medios de comunicación que en las últimas horas han apoyado algunas iniciativas de la COPE ante el EGM.
José Antonio Abellán, director de deportes de la COPE, ha comparecido ante la Asamblea antes de la votación para dar sus explicaciones y negar las acusaciones. Además, lanzó una advertencia: "Ustedes no saben si todavía esos encuestadores siguen dentro". Abellán no pidió excusas por lo sucedido.

03 abril 2006

NON SOMOS NADIÑA

Creo que xa dixen que me perdo cos bolsos. Encántanme de todas as cores, formas e tamaños. Gosto de levar cada día un, sempre dacordo coa roupa que levo (e conste que non son pija, porque os bolsos son o único que teño en cantidade suficiente coma para combinar e non repetir, visto bastante normalita).
O caso é que este sábado cando ía sair metín a carteira no bolso que ía levar, e dínme conta de que non me collía case nada máis.... ¿sería que era pouco bolso?, ¿ou moita carteira?, ¿ou moita carteira para tan poucos cartos?, ¿ou pouco bolso para tantos cartos e carteira?, ¿ou poucos cartos para tanta carteira? O máis fácil resultou cambiar a carteira por unha máis pequena, para que collesen tamén as chaves e o teléfono.
Resulta curioso como un mismo feito pode ser visto de moitas formas distintas, ¿verdade?. E aínda que este exemplo da carteira é un pouco chorras realmente é coma a vida mesma, o mesmo feito e contado de mil formas distintas polas mil persoas que o presenciaron.
É coma os hospitales, onte o meu pai foi visitar un amigo que está moi maliño. A volta contoume como estaba e fixo toda unha reflexión da sabedoría popular: ¡NON SOMOS NADIÑA!. Pasámonos media vida a berrar, protestar, enfadarnos cos demais, e ven unha enfermedade e non somos nadiña,...., vámonos en dous días.
Sen embargo, se pensamos nos médicos, enfermeiras,... que traballan no hospital, vendo o mesmiño que o meu pai puido ver, non pensan isto, nin parecido. Para eles ese é o seu día a día, a súa profesión, e ven o hospital como unha enorme loita pola vida tanto dos que están alí doentes, coma deles mismos, que están axudándolles a saír adiante. E aínda que son moitos os que non conseguen curar, sí que son moitísimos os que se van perfectamente para a casa.
Qué distinto é todo segundo os ollos cos que miremos, ¿verdade?

28 março 2006

Os panos de man

Levo uns días traballando en Lalín. Gústame o sitio e o traballo, o único malo é que queda moi lonxe da miña casa e teño que levantarme moi cedo para chegar a tempo.
Ata agora a xente coa a que tratei (casi todas persoas maiores) foron fabulosas conmigo, ata tal punto que o venres pasado unha muller viume cun agasallo. Eu por suposto non o queria aceitar, pero ela insistiu e insistiu, parecialle fatal que non o quixera.
O agasallo (un "cariño" segundo ela) eran tres panos de man, os que están na foto. Alucinei co regalo, gustoume moitisimo por varias razóns: porque para unha muller que cobra a pensión agraria un agasallo, aínda que valla pouco, supónlle moitísimo, co cal para min ten mil veces máis valor. Porque nunca ninguén me regalara tal. E porque me recordou o practicos e ecoloxicos que son e o que me gustan.

24 março 2006



Leva varios días chovendo, e o regato que hai preto da miña casa está casi desbordado. Facía uns cantos anos que non baixaba tan cheo, e xa botaba de menos esta imaxe. ¡Isto sí que é riqueza!

23 março 2006

Antonte contáronme unha cousa incrible

Unha muller, non fai moito, deixoulle a súa filla (que xa ten netos grandes) un par de pisos en Madrid (que sorte, eu non teño quen me empreste un peso e a outras deixanlle pisos na capital). O caso é que cando conseguiu desaloxar os alugueiros, púsoxe a limpar, primeiro os pisos e despois os faiados. A sua sorpresa foi que ó limpalos atopou dous caixons enormes cheos de documentos antiquisimos. Inmediatamente chamou a unha das fillas (irman da que me contou isto), que estudiara Historia, para que os mirara. O final, todos estes papeis pertencian a un ministro da época das cortes de Cadiz, que ainda era parente lonxano delas. Os papeis son documentos e cartas daquela época, tanto escritos por el, coma enviados por outros: cartas de Wellington, de políticos,....
Agora están esperando a que a filla que estudiou Historia acabe a súa tesis (que versa sobre este señor), para donar todo a vila na que naceu o sr ministro.
¿A que é incrible a Historia?....... Eu xa fun a revisar o meu faiado, pero non habia nada interesante, apenas libretas de cando eu e as miñas irmáns eramos pequenas. ¡¡¡Eu non teño que me deixe ni pisos nin papeis importantes!!!
A semana pasada inicieime como compradora en ebay. Merquei un libro de 1907 para o meu pai ó que, por certo, gustoulle moito. Esta é sen dúbida, unha maneira rápida e atractiva de facerse ou desfacerse das cousas. Tan rápida, que me enterei de que en EEUU (onde senón) hai un moreón de xente (sobre os 4.000.000 de persoas), que deixou o seu traballo para adicarse única e exclusivamente á venda a través de ebay, curioso ¿non sí?

20 março 2006

Sim

Sim, sei bem
Que nunca serei alguém.
Sei de sobra
Que nunca terei uma obra.
Sei, enfim,
Que nunca saberei de mim.
Sim, mas agora,
Enquanto dura esta hora,
Este luar, estes ramos,
Esta paz em que estamos,
Deixem-me crer
O que nunca poderei ser.

* * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * *

Ricardo Reis

16 março 2006


Antonte, despois de andar a correr todo o día tiven que ir a recoller a unha persoa que vive a carón do mar e ,mentres esperaba, esta era a paisaxe que observaba.
Ninguén pola rúa, só se escoitaba o bater do mar na praia.....
¡Que relaxación en tan só uns instantes que estiven alí!, ¡que afortunada de ter o mar tan preto!

12 março 2006

Xa fai tempo que non lle dedicaba nin un minuto ó blog, quizáis por falta de tempo ou quizáis de ganas. Cando o abrín, fíxeno para poder relatar as miñas aventuras no país veciño, na Quinta da Luz. Agora, tres meses despois atópome sen quinta, e sen luz..... Por circunstancias da vida, o meu soño emigrante esvaeceuse, e continúo onde sempre. Non é que esto me disguste, o fin e o cabo aquí estou na miña casa e estou ben, o que pasa e que últimamente nada me sae como penso (e iso que sempre penso en moitas posibilidades distintas), e sínto que estou nun punto no que preciso que algo ocorra e redirixa a miña vida, que me oriente ó meu camiño.
Ou senón, que sexa capaz de aguantar pacientemente o que me toca, ¡resignación!

28 fevereiro 2006


Onte tiña que lavar unha alfombra, así que a miña nai máis eu fomos o lavadoiro (acompañadas dunha fotógrafa de excepción).
Unha vez alí e por un momento, pechei os ollos e intentei pensar nese lavadoiro 40 ou 50 anos atrás. En tódalas mulleres que estarían alí lavando moreons de roupa, falando das cousas da vida, aterecidas co frío da auga, cargadas co peso da roupa mollada,...
E abrín os ollos e non puiden ver máis ca un lugar abandonado, cheo de pintadas, que xa nin se lembraba da súa función.
Agora comprendo porque cando lle preguntas a unha muller maior cal foi o mellor invento da humanidade, responden sen dúbidas: ¡a lavadora!.
E eu engado: ¡QUE MULLERES AS DAQUELA!

26 fevereiro 2006



Levo uns días moi complicados......, realmente o que pasa é que a vida de adulta é moi complicada.
Cando era máis nova ,aínda que tiña preocupacións, non deixaba de durmir por elas. A medida que me fago maior todo se complica, tendo cada vez máis responsabilidades, tendo que tomar decisións importantes, e ata dependendo de min outras persoas.

As veces penso que na universidade aínda que aprendín moito, non me ensinaron nada da vida, de loitar, de sair adiante, do duro que é todo. Tiven que ir aprendendo, ás veces a golpes, saíndo adiante da mellor maneira posible, intentando non perder os folgos, a ilusión...

Pero tamén teño que dicir, que a medida que avanzo -aínda que sea tan paseniño coma unha tartaruga-, o mirar para atrás, digo con orgullo "eu sola conseguin chegar ata aquí". E síntome feliz.

14 fevereiro 2006


Unha vez preguntáronlle a Buda que era o que máis lle sorprendía da humanidade. Buda respostou:
"Os homes, que perden a saúde por xuntar cartos, e despois perden os cartos para recuperala, e que por pensar no futuro, esquecen o presente de tal maneira, que rematan por non vivir o presente nin o futuro. Viven coma se endexamais fosen a morrer, e morren coma se nunca vivisen."

12 fevereiro 2006


Hoxe, como facía moi bo día, leváronme a pasear a un lugar fantástico, xa estivera alí perto moitas veces, pero xusto nese sitio non.
Se pasades cerca, visitádeo. Seguro que gostades del.

07 fevereiro 2006

Melro


Cando miraba o meu pai coller as farangullas do mantel e botalas na horta pensaba -"a idade estalle facendo estragos, mira ti por onde se lle da agora"-.
Co tempo entereime do motivo da súa teima, cada mañán un melro visita a horta para comer todas a farangullas que o meu pai lle bota o día anterior. Fíxome gracia, ningún dos dous se esquece nunca da súa cita.
Hoxe cando estaba na cociña, ó lado da fiestra, volvín a miralo e decidín contarvolo, porque quizáis algún de vos tamén reciba visitas de melros.

06 fevereiro 2006

Desculpas



Despois de moito tempo, hoxe pedíronme unhas desculpas moi sentidas. Agardo que sexan de verdade. Estou feliz.

05 fevereiro 2006

Manías

Vinme envolta na corrente blogueira desta tempada da man de Torredebabel, despois de ler a súa invitación comecei a cavilar, ¿cales son as miñas manías?, ou máis ben, ¿cales son as miñas manías máis destacadas?. Realmente é complicado, porque son pequenas cousas ás que estas acostumada e das que prácticamente non te das conta, ata que alguén chega e diche "pero mira que te manía con facer isto ou aquilo". Despois de moito analizar creo que estas son algunhas das miñas manías:

1. levántome dun chimpo ó soar o despertador, é algo instantáneo, un acto reflejo (aínda que co paso dos anos vai sendo un chimpo menos enérxico), e despois da ducha e de vestirme teño que facer a cama, non son capaz de facelo noutro orden, se isto se altera síntome incómoda e sei que vou ter unha mala mañán.

2. gústame todo moi ordenado e limpo, se sei que algo non está no seu sitio ou queda por limpar non son capaz de estar queda ata que o fago.

3. non como verdura crúa e non como froita, dende nunca, e o cheiro da familia dos cítricos dame moito noxo e ata náusea.

4. os bolsos. Encántanme, vólvenme tola.....prefiro pasar sen algo que me falla falta pero comprar un bolso do que goste.

5. non son capaz de durmir sen algo de claridade, así que sempre deixo un pouco subida a persiana, e tampouco podo facelo se non teño as sabas ben apretadas nos pes, ó deitarme arrastroas para comprobar que non se moven.

Como xa case todo o mundo contou as súas 5 manías invito a oko(que aínda non o fixo) e a calquera visitante desta bitácora que se atreva a contarnolas.

Tras unha semana extraña (e sen internet), xa estou de volta. Nesta semana pasada viaxei, tiven frio, fun a entrevistas de traballo e non cumplin coa miña dieta. Pero, como mañan é luns, teño unha nova oportunidade para cumprir todos os meus propósitos. É o bo que teñen os luns.

28 janeiro 2006

O luns, dieta

,
Recordo de toda a vida a miña nai dicindo: o luns comezo dieta, e polas circunstancias da vida (sobre todo, falta de vontade), esta dieta rompíase o martes, o máis tardar o xoves.
Eu, como boa filla da miña nai, e despois de todos os excesos do nadal, e de todos os excesos que están por vir -filloas e orellas en carnavais, rosca e torta en pascua,...- voume unir o seu club, a partir deste luns ¡a dieta! (espero ó luns, porque mañan temos caldo pra comer).
Nunca fixen unha dieta a dereitas, como moito comía un chisquiño menos, pero é que son moi feble de espírito e cando abro as portas da despensa todo me chama. Así que decidín que vou a evitar a cociña e poreime tapóns nos oidos (se fose tan fácil!!!). A ver canto resisto. Xa vos contarei.

27 janeiro 2006

Se fora ela, querería ter un fillo con el. Se fora el, querería ter un fillo con ela.
Estaban xuntos, e quixeron ter un fillo. ¿Qué máis se pode dicir?
Que disfruten, xa que non teñen nada de que preocuparse -pagar hipoteca, que comer mañan, como chegar a fin de mes, a lavadora que se estropeou, o neno que quere uns tenis novos.......-

25 janeiro 2006


Sei que non está ben, pero ás veces certas persoas sácanme de quicio, e non podo evitalo. Creo que, directamente, non as soporto, e calquer pequeno comentario, calquera cousa que fagan - ás veces incluso sen facer nin dicir nada- fan que me poña como unha tola.
Propóñome este ano intentar mellorar neste aspecto, non saltar á primeira de cambio, que desta maneira non chego ós 40...

24 janeiro 2006

Café

Hoxe foi un día moi agradable, primeiro porque non traballei -e un día de descanso nunca ben mal- e segundo porque comín cunhas amigas ás que facía tempo non miraba.
Comemos no "gallinero" moi a gusto e a moi bo prezo (que todo hai que dicilo). A miña sorpresa veu na hora do café,cando me din conta de que o sobre de azucre viña acompañado dunha frase......
"...El café da la sabiduría a los políticos, hace que distingan lo que vela la noche negra."
Alexander Pope


E entón asaltounos a dúbida de se o que lles pasa os nosos políticos é que non gostan do café, ou que gostan tanto del que o insomnio provocalles alucinacións atormentadoras.

23 janeiro 2006

SEN COMENTARIOS

La primera encíclica de Benedicto XVI subraya que el amor puro sólo está en el matrimonio
El Papa adelanta las líneas maestras del documento que publicará el Vaticano el próximo miércoles
AGENCIAS - Ciudad del Vaticano
ELPAIS.es - Sociedad - 23-01-2006 - 18:37


BENEDICTO XVINacimiento:16-04-1927(Marktl)
La primera encíclica de Benedicto XVI tiene por título Deus caritas est (Dios es amor) y en ella el Papa asegura que el amor puro sólo está en el matrimonio destinado a procrear, según ha adelantado el propio Ratzinger durante su intervención en el congreso organizado por el Consejo Pontificio 'Cor Unum'.
El documento vaticano no verá la luz hasta el próximo miércoles pero hoy Benedicto XVI ha querido adelantar sus líneas principales. La encíclica está centrada en la esencia del amor a Dios y en la caridad cristiana, según ha explicado el propio Papa, que considera que ambos temas “sólo se entienden si se ven como una cosa única”.
El pontífice ha alertado de que la palabra amor está hoy tan "desgastada, consumida y abusada" que casi da miedo pronunciarla, pero no se puede dejar perder porque es "expresión de la realidad primordial". La palabra tiene que ser "purificada y llevarla de nuevo a su esplendor original, para que pueda iluminar nuestra vida y llevarnos por el buen camino". En este contexto, el Papa ha explicado que la encíclica busca "mostrar la humanidad de la fe -de la que forma parte el eros- el sí del hombre a su cuerpo creado de Dios, el sí al matrimonio indisoluble entre el hombre y la mujer, que encuentra su forma más enraizada en la creación".
"Allí el eros", ha continuado, "se transforma interiormente en ágape, que es amor por el otro, y se convierte en preocupación por el otro, disposición al sacrificio y apertura al don de una nueva vida humana". Para explicar mejor a los fieles este concepto el Papa ha puesto el ejemplo del escritor italiano Dante. "El viaje cósmico en que Dante en su Divina Comedia quiere llevar al lector acaba ante la luz perenne que es Dios mismo, ante esa luz que es al mismo tiempo 'el amor que mueve al sol y a las otras estrellas'", ha explicado.

Onte tiven un dos meus ataques de dor agudos. Para desgraza miña -alomenos unha vez o mes- sufro un raro episodio de supercotractura-superdor-supervomitera, que é certamente moi desagradable, doroso e incapacitante.
Aproveitando que tiña un
enfermeiro á man, pedinlle que me pinchara (non, non son masoca, pero cando o zapato apreta........). O resultado foi que ó rato a cousa xa estaba mellor.

O curioso deste incidente -ó que estou demasiado acostumada- é que hoxe, un día que a priori é peor ca onte (onte domingo, hoxe luns), todo me parece moito mellor. Como dirían os meus veciños portugueses trátase dun
día espectacular.

22 janeiro 2006

ÁS VECES TODOS OS ESFORZOS SON POUCOS......

20 janeiro 2006


Camiñei sen descanso, ata o esgotamento, neste "meu éxodo" voluntario. Recorrín rúas, bairros, parques, jardims, fontes, prazas,..... ata a extenuación.
Pero, podo dicir que, se non fose por esta busca, nunca daría con lugares tan fermosos; insólitos e descoñecidos ós ollos do turista.

14 janeiro 2006



Mañá comeza o meu éxodo particular cara ó dorado, ......, cara a Quinta da Luz.
Deixo aquí amizades, unhas boas e outras aínda mellores.
Non sei o que me espera, só sei que teño ganas de que comece xa a miña nova vida.

10 janeiro 2006

FRIKIADAS

Hoxe vin un video, o 6º máis buscado en internet a nivel mundial.

E aínda que poida ser moi friki...., non resistín a tentación de compartilo.

Disfrutade del....

09 janeiro 2006

Para ser grande, sê inteiro:nada
teu exagera ou exclui.
Sê todo em cada coisa. Põe quanto és
no mínimo que fazes.
Assim em cada lago a lua toda brilha,

porque alta vive.


Ricardo Reis, Odes
Quizáis a inaguración deste espazo non foi a máis brillante que se pode facer, pero, nese momento era o único que quería -ou podía- expresar. A vida é como a sentimos en cada momento, alternandose cores claros e escuros, días soleados e de neboeiro..... todo depende das circunstancias.
Hoxe foi un día ovofrito -con alternancia de nubes e claros que diría Pemán-.

BENVIDOS O MEU BLOG.

PASEN SEN CHAMAR, ESTÁN TODOS CONVIDADOS.

07 janeiro 2006



ás veces síntome cansa........... como se a vida fose demasiado difícil e inalcanzable para min.................. como se os obstáculos fosen moitos e as forzas poucas............. coma se vivir fose subir unhas escaleiras que nunca acaban, que cada vez son máis costa arriba..........................