28 fevereiro 2006


Onte tiña que lavar unha alfombra, así que a miña nai máis eu fomos o lavadoiro (acompañadas dunha fotógrafa de excepción).
Unha vez alí e por un momento, pechei os ollos e intentei pensar nese lavadoiro 40 ou 50 anos atrás. En tódalas mulleres que estarían alí lavando moreons de roupa, falando das cousas da vida, aterecidas co frío da auga, cargadas co peso da roupa mollada,...
E abrín os ollos e non puiden ver máis ca un lugar abandonado, cheo de pintadas, que xa nin se lembraba da súa función.
Agora comprendo porque cando lle preguntas a unha muller maior cal foi o mellor invento da humanidade, responden sen dúbidas: ¡a lavadora!.
E eu engado: ¡QUE MULLERES AS DAQUELA!

3 comentários:

torredebabel disse...

e iso que, ademáis de lavar, facían unha chea de cousas máis! súmome á sentencia: Qué mulleres as daquela!

oko disse...

a esas fotos, a fotografa de excepcion titulounas "relevo xeneracional". eu creo que a cultura do lavadeiro aínda non morreu de todo!!!

Anónimo disse...

miña mai cando me leva á súa aldea sempre acabando lavando toda a casa (sabas, alfrombras, roupa e demais) no vello lavadoiro. e nunca durmo tan ben como entre esas sabas...

mágoa que eu non saiba facelo