Xa fai tempo que non lle dedicaba nin un minuto ó blog, quizáis por falta de tempo ou quizáis de ganas. Cando o abrín, fíxeno para poder relatar as miñas aventuras no país veciño, na Quinta da Luz. Agora, tres meses despois atópome sen quinta, e sen luz..... Por circunstancias da vida, o meu soño emigrante esvaeceuse, e continúo onde sempre. Non é que esto me disguste, o fin e o cabo aquí estou na miña casa e estou ben, o que pasa e que últimamente nada me sae como penso (e iso que sempre penso en moitas posibilidades distintas), e sínto que estou nun punto no que preciso que algo ocorra e redirixa a miña vida, que me oriente ó meu camiño.
Ou senón, que sexa capaz de aguantar pacientemente o que me toca, ¡resignación!
3 comentários:
ah Iria... que as cousas non saian como foran pensadas, moitas veces, pode ser mellor. E este blog éche moi bo, non importa dende onde o escribas!
Cando menos o esperes, chamarán por teléfono... seguro que con boas novas!!!
Querida Torredebabel, os seus comentarios resultanme sempre coma aire fresco, dándome alento, moitas grazas!!!!
Estimada Oko, vostede sempre aí, apoiándome e mirando o lado positivo das cousas, non me deixe nunca!!!!
Enviar um comentário