Levo uns días traballando en Lalín. Gústame o sitio e o traballo, o único malo é que queda moi lonxe da miña casa e teño que levantarme moi cedo para chegar a tempo.
Ata agora a xente coa a que tratei (casi todas persoas maiores) foron fabulosas conmigo, ata tal punto que o venres pasado unha muller viume cun agasallo. Eu por suposto non o queria aceitar, pero ela insistiu e insistiu, parecialle fatal que non o quixera.
O agasallo (un "cariño" segundo ela) eran tres panos de man, os que están na foto. Alucinei co regalo, gustoume moitisimo por varias razóns: porque para unha muller que cobra a pensión agraria un agasallo, aínda que valla pouco, supónlle moitísimo, co cal para min ten mil veces máis valor. Porque nunca ninguén me regalara tal. E porque me recordou o practicos e ecoloxicos que son e o que me gustan.
28 março 2006
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
3 comentários:
fermosos os panos pero, como dis, o máis fermoso foi o sentimento de quen chos regalou! Vese que os mereces!!
a xente do interior éche (case) toda así. unha marabilla. cando chos deu sería por algo, digo eu, non?
moitisimas grazas polos cumpridos!!!! realmente non sei se o merezo ou non (gosto en pensar que si, pero o que si que é certo é que a xente do interior é moi amable.
Enviar um comentário