03 abril 2006

NON SOMOS NADIÑA

Creo que xa dixen que me perdo cos bolsos. Encántanme de todas as cores, formas e tamaños. Gosto de levar cada día un, sempre dacordo coa roupa que levo (e conste que non son pija, porque os bolsos son o único que teño en cantidade suficiente coma para combinar e non repetir, visto bastante normalita).
O caso é que este sábado cando ía sair metín a carteira no bolso que ía levar, e dínme conta de que non me collía case nada máis.... ¿sería que era pouco bolso?, ¿ou moita carteira?, ¿ou moita carteira para tan poucos cartos?, ¿ou pouco bolso para tantos cartos e carteira?, ¿ou poucos cartos para tanta carteira? O máis fácil resultou cambiar a carteira por unha máis pequena, para que collesen tamén as chaves e o teléfono.
Resulta curioso como un mismo feito pode ser visto de moitas formas distintas, ¿verdade?. E aínda que este exemplo da carteira é un pouco chorras realmente é coma a vida mesma, o mesmo feito e contado de mil formas distintas polas mil persoas que o presenciaron.
É coma os hospitales, onte o meu pai foi visitar un amigo que está moi maliño. A volta contoume como estaba e fixo toda unha reflexión da sabedoría popular: ¡NON SOMOS NADIÑA!. Pasámonos media vida a berrar, protestar, enfadarnos cos demais, e ven unha enfermedade e non somos nadiña,...., vámonos en dous días.
Sen embargo, se pensamos nos médicos, enfermeiras,... que traballan no hospital, vendo o mesmiño que o meu pai puido ver, non pensan isto, nin parecido. Para eles ese é o seu día a día, a súa profesión, e ven o hospital como unha enorme loita pola vida tanto dos que están alí doentes, coma deles mismos, que están axudándolles a saír adiante. E aínda que son moitos os que non conseguen curar, sí que son moitísimos os que se van perfectamente para a casa.
Qué distinto é todo segundo os ollos cos que miremos, ¿verdade?

1 comentário:

oko disse...

De certo. Onte nos laiabamos de que quizais para grabar as imaxes de documental iamos ter algún problema. Frioleiro estaba convencido en que de seguro as enfermeiras non iban ser moi agradables connosco. Pero eu pensei nalgunha que coñezo e dixen... e por que non?