25 abril 2006

A voda- I


Hoxe recibín unha invitación de voda.
A verdade é que, coma todavía non fun a moitas , encántame que me inviten; sobre todo cando se trata de amigos ós que aprecio. A voda en cuestión é en Portugal, e xuntarémonos uns cantos amigos que fai un tempo que non nos vemos. Coma sempre, supoño eu, os galegos faremos unha "juerga madre", para así continuar coa fama de festeiros. A verdade é que case me emociono só de pensar no ben que o vou a pasar.
Parece onte cando estudabamos xuntos, as longas tardes con partidas de
mus, as festas do monte na Guarda, a viaxe a Túnez... Incluso recordo cando lle tinguin de louro o cabelo o que agora se vai casar. ¡¡¡Que tempos aqueles!!! ¡¡¡Que morriña!!!

2 comentários:

torredebabel disse...

Iria, será que maio é o mes das vodas? eu teño 3!!!! unha curmá, unha amiga (que vai polo segundo matrimonio) e un curmán do meu home... e eu sigo sen contaxiarme!!!! Apertas

min disse...

O certo é que sí, cando chega o bo tempo todo son vodas. A mín pásame o mismiño que a tí, eu tampouco me dou contaxiado!!!! jejejejejeje