Cando miraba o meu pai coller as farangullas do mantel e botalas na horta pensaba -"a idade estalle facendo estragos, mira ti por onde se lle da agora"-.
Co tempo entereime do motivo da súa teima, cada mañán un melro visita a horta para comer todas a farangullas que o meu pai lle bota o día anterior. Fíxome gracia, ningún dos dous se esquece nunca da súa cita.
Hoxe cando estaba na cociña, ó lado da fiestra, volvín a miralo e decidín contarvolo, porque quizáis algún de vos tamén reciba visitas de melros.
2 comentários:
vai con segundas? jajajajajaja
por aquí, ao lado da facultá, míranse algúns melros. son todos moi riquiños!
eu non recibo visita nenghuna de merlos pero moito gustaríame despois desta história. Lindísima!!!
Enviar um comentário