29 setembro 2006


Teño un problema. Sí, é certo,....., teño un problema.... Pero non é ningún dos que algún imaxina.
O meu problema é moi normal, teño varios camiños para continuar a miña vida e non sei moi ben cal elixir. E tamén que as veces cando estou de baixón penso que a miña vida ten moitas cousas que non me gustan, pero o día seguinte atopo mil cousas maravillosas e dou grazas por todo o que teño.

Supoño que isto non só me pasa a min. Que tamén lle acontece a outras persoas. Que é o máis normal do mundo. Que todo o mundo ten dúbidas. Que todo depende de como mires as cousas.




Agora cheguei a un punto tal de existencia, que xa non me amargo polas cousas insignificantes. Con todo o que teño que vivir non me queda tempo para pensar en cousas ou persoas que non aportan nada a miña vida.
Porque se empeñan elas en insistir, insitir e insistir? Se van a obter o mesmo: NADA

1 comentário:

Anónimo disse...

porque se aburren... ou porque as súas vidas son tan baleiras que non teñen outra mellor que facer que meterse na dos demais... triste, pero certo. canto máis pases, máis danos lles fas!! xD

un saúdo e benvida outra vez!