sei que temos convidados na miña casa polas festas do Carme. estes convidados, un tanto especiales, veñen coa expectativa de toparse aqui a orquesta paris de noia. con moita pesadume comunicolles que na axenda da orquesta non figura o pasar por aquí. pero non se desanimen...., seguro que o pasamos moi ben bailando con calquer outro son.
levo unha semana traballando con nenos, e ata agora pensaba que non sería capaz de tal cousa. podo dicir (unha semana despois), que "non o fago tan mal", que vou mellorando ó meu ritmo.
o caso é que me pregunto, se case non podo cos fillos dos demais 10 minutos, poderei cos meus (cando os teña) as 24 horas?
Levo unha tempada un tanto apática, co blog e coa miña vida en xeral. Quizáis porque ou por haches ou por bes, nada vai coma eu quero. Non é a miña intención queixarme -teño unha vida que moitos desexarían- pero teño unha espiña moi cravada, e non son capaz de arrincala. Na procura desta espiña decidín irme á Quinta da Luz, pero cando parecía que xa case a tiña, vai e escápaseme!!! Así que despois de moito pensar, decidín que é mellor rematar o que estou facendo agora mesmo, deixar todo ben arranxado e marchar na procura da miña espiña, sen agobios, sen amarguras, con calma e deixando aqui todo moi ben feitiño. En resumo, que aquí estou de novo, neste planeta bitacoriano. Ola a tod@s!!!