18 junho 2006

reflexións


Levo unha tempada un tanto apática, co blog e coa miña vida en xeral. Quizáis porque ou por haches ou por bes, nada vai coma eu quero. Non é a miña intención queixarme -teño unha vida que moitos desexarían- pero teño unha espiña moi cravada, e non son capaz de arrincala. Na procura desta espiña decidín irme á Quinta da Luz, pero cando parecía que xa case a tiña, vai e escápaseme!!!
Así que despois de moito pensar, decidín que é mellor rematar o que estou facendo agora mesmo, deixar todo ben arranxado e marchar na procura da miña espiña, sen agobios, sen amarguras, con calma e deixando aqui todo moi ben feitiño.
En resumo, que aquí estou de novo, neste planeta bitacoriano. Ola a tod@s!!!

3 comentários:

Anónimo disse...

non sei quen mo dixo, ou se o lin: o poder está en saber resistir. paciencia, todo chega.

Anónimo disse...

Marchar con rencor e amargura nunca é convinte para iniciar outra andaina. É preferible resolver para poder ir en paz.

Unha aperta sosegada.
:)

min disse...

Realmente, todo consiste en ter paciencia, ten razón vostede, srta. aultre narai. E como tambén dí marinha de allegue é mellor ir en paz, deixando atrás o rencor e amargura. O malo é que todo isto ás veces resulta dificil de máis, pero intentareino!! unha aperta