28 janeiro 2006

O luns, dieta

,
Recordo de toda a vida a miña nai dicindo: o luns comezo dieta, e polas circunstancias da vida (sobre todo, falta de vontade), esta dieta rompíase o martes, o máis tardar o xoves.
Eu, como boa filla da miña nai, e despois de todos os excesos do nadal, e de todos os excesos que están por vir -filloas e orellas en carnavais, rosca e torta en pascua,...- voume unir o seu club, a partir deste luns ¡a dieta! (espero ó luns, porque mañan temos caldo pra comer).
Nunca fixen unha dieta a dereitas, como moito comía un chisquiño menos, pero é que son moi feble de espírito e cando abro as portas da despensa todo me chama. Así que decidín que vou a evitar a cociña e poreime tapóns nos oidos (se fose tan fácil!!!). A ver canto resisto. Xa vos contarei.

2 comentários:

Anónimo disse...

os cocidos, as fabaditas, mollar pan, o chouriziño,... uffff, que chungo o das dietas. sorte e xa nos contarás!

torredebabel disse...

eu cada vez que quixen facer dieta engordei mais. Enton, cando quero perder algún kilo (por querer, querería perder cinco ou seis!) deixo de pensar niso e -lonxe da obsesión- baixo algo. Non moito, claro. Apertas!