Vinme envolta na corrente blogueira desta tempada da man de
Torredebabel, despois de ler a súa invitación comecei a cavilar, ¿cales son as miñas manías?, ou máis ben, ¿cales son as miñas manías máis destacadas?. Realmente é complicado, porque son pequenas cousas ás que estas acostumada e das que prácticamente non te das conta, ata que alguén chega e diche "pero mira que te manía con facer isto ou aquilo". Despois de moito analizar creo que estas son algunhas das miñas manías:
1. levántome dun chimpo ó soar o despertador, é algo instantáneo, un acto reflejo (aínda que co paso dos anos vai sendo un chimpo menos enérxico), e despois da ducha e de vestirme teño que facer a cama, non son capaz de facelo noutro orden, se isto se altera síntome incómoda e sei que vou ter unha mala mañán.
2. gústame todo moi ordenado e limpo, se sei que algo non está no seu sitio ou queda por limpar non son capaz de estar queda ata que o fago.
3. non como verdura crúa e non como froita, dende nunca, e o cheiro da familia dos cítricos dame moito noxo e ata náusea.
4. os bolsos. Encántanme, vólvenme tola.....prefiro pasar sen algo que me falla falta pero comprar un bolso do que goste.
5. non son capaz de durmir sen algo de claridade, así que sempre deixo un pouco subida a persiana, e tampouco podo facelo se non teño as sabas ben apretadas nos pes, ó deitarme arrastroas para comprobar que non se moven.
Como xa case todo o mundo contou as súas 5 manías invito a
oko(que aínda non o fixo) e a calquera visitante desta bitácora que se atreva a contarnolas.