26 fevereiro 2006



Levo uns días moi complicados......, realmente o que pasa é que a vida de adulta é moi complicada.
Cando era máis nova ,aínda que tiña preocupacións, non deixaba de durmir por elas. A medida que me fago maior todo se complica, tendo cada vez máis responsabilidades, tendo que tomar decisións importantes, e ata dependendo de min outras persoas.

As veces penso que na universidade aínda que aprendín moito, non me ensinaron nada da vida, de loitar, de sair adiante, do duro que é todo. Tiven que ir aprendendo, ás veces a golpes, saíndo adiante da mellor maneira posible, intentando non perder os folgos, a ilusión...

Pero tamén teño que dicir, que a medida que avanzo -aínda que sea tan paseniño coma unha tartaruga-, o mirar para atrás, digo con orgullo "eu sola conseguin chegar ata aquí". E síntome feliz.

2 comentários:

oko disse...

tan malo é facerso maior... creo que vou empezar a padecer o síndrome de peterpan!!!

torredebabel disse...

na universidade non te enseñan sobre as cousas da vida, simplemente, porque os profesores non saben diso tampouco. Eu son profesora na Universidade de Bos Aires e apenas podo dar clase de xornalismo... sobre a vida, diso non podo. Pero, de cando en vez, pásame o ca ti: mirp para atrás e digo con orgullo "eu sola conseguin chegar ata aquí".