05 fevereiro 2006

Manías

Vinme envolta na corrente blogueira desta tempada da man de Torredebabel, despois de ler a súa invitación comecei a cavilar, ¿cales son as miñas manías?, ou máis ben, ¿cales son as miñas manías máis destacadas?. Realmente é complicado, porque son pequenas cousas ás que estas acostumada e das que prácticamente non te das conta, ata que alguén chega e diche "pero mira que te manía con facer isto ou aquilo". Despois de moito analizar creo que estas son algunhas das miñas manías:

1. levántome dun chimpo ó soar o despertador, é algo instantáneo, un acto reflejo (aínda que co paso dos anos vai sendo un chimpo menos enérxico), e despois da ducha e de vestirme teño que facer a cama, non son capaz de facelo noutro orden, se isto se altera síntome incómoda e sei que vou ter unha mala mañán.

2. gústame todo moi ordenado e limpo, se sei que algo non está no seu sitio ou queda por limpar non son capaz de estar queda ata que o fago.

3. non como verdura crúa e non como froita, dende nunca, e o cheiro da familia dos cítricos dame moito noxo e ata náusea.

4. os bolsos. Encántanme, vólvenme tola.....prefiro pasar sen algo que me falla falta pero comprar un bolso do que goste.

5. non son capaz de durmir sen algo de claridade, así que sempre deixo un pouco subida a persiana, e tampouco podo facelo se non teño as sabas ben apretadas nos pes, ó deitarme arrastroas para comprobar que non se moven.

Como xa case todo o mundo contou as súas 5 manías invito a oko(que aínda non o fixo) e a calquera visitante desta bitácora que se atreva a contarnolas.

4 comentários:

oko disse...

creo que a terceira debera ser a primeira, e dígoo con coñecemento de causa. do resto, podería facer anotacións, pero voume portar ben...

do dos bolsos... este domingo quedeime sen un ao dicirlle a vostede:Ñ mira que bolso máis bonito!!!

(rencor)

min disse...

Sintoo moito srta Oko, pero sabe o que gosto deles, e sabe ben que eu empréstolle o que queira.
xD

torredebabel disse...

ay Iria, as tuas manías ben poderían ser as miñas tamén (menos o asuntos dos bolsos, tema no que son un desastre). Graciñas por contar a tuas teimas!!!!!

Aultre Narai disse...

1- deixalo todo para o último momento: exames, compromisos, maletas, chamadas, etc.

2- cando fai menos frío, durmir coa fiestra aberta e de durmo con alguén dicirlle cousas (que xamais me atreveria a dicir en voz alta) bonitas mentres se vai durmindo nos meus brazos.

3- declararme sempre que me namoro; xa sei que é moito risco, pero non podo evitalo, no fondo son un pouco kamikace.

4- bailar cos ollos pechados porque me pon moi nerviosa que me me observen cando non me entero.

5- escoitar música a todas horas, estea onde estea e faga o que faga. é o meu único vicio confesable...

hai máis, pero estas son as que se me veñen á cabeza agora. páseo por esas terras que foron o meu fogar todo o ano pasado. que a Lisboa nunca lle rouben a súa maxia!

un saúdo